O Santiago Futsal xa pensa no Marfil Santa Colomba
Incorporouse esta mañá o equipo dirixido por Santi Valladares coa vista posta no encontro do venres ante Marfil Santa Colomba. Tras a dura derrota ante El Pozo Murcia, que se ben puido empatar nos compases finais, os de Santiago xa preparan a seguinte cita ligueira lonxe do Multiúsos Fontes do Sar. A estas alturas da competición, con tres encontros disputados da segunda volta, o Santiago Futsal aséntase na duodécima posición da táboa, con dezanove puntos, a seis puntos de postos de Play Off e dez por arriba dos postos de descenso. Este venres mídense a Marfil Santa Colomba, un rival que conta con só dous puntos máis que o Santiago Futsal.
O conxunto da capital galega viaxará o mesmo día de partido a terras catalás, onde disputarán o encontro ás 20.45 no Pavelló Nou de Gramanet (Barcelona).
Plan de traballo semanal
Luns 19 de Xaneiro
9.30- Multiúsos- Preventivo + Individualizado
16.45- Multiúsos- Táctico
Martes 20 de Xaneiro
9.30 h- Multiúsos- Forza rápida – Transf
17 h- Multiúsos- Táctico
Mércores 21 de Xaneiro
17 h- Multiúsos- Táctico
Xoves 22 de Xaneiro
17 h- Multiúsos- Táctico
Venres 23 de Xaneiro
20.45 h- 19ª Xornada de Liga
Marfil Santa Colomba vs Santiago Futsal
Sábado 24 de Xaneiro
Descanso
Domingo 25 de Xaneiro
Descanso











