O Santiago Futsal achega o fútbol sala aos máis pequenos
Este venres o Santiago Futsal medirase, no primeiro ‘derby galego’ do ano, ao conxunto lucense Prone Lugo A.D (Multiúsos Fontes do Sar, 21 h). Coa finalidade de apoiar o equipo nun dos encontros máis importantes do ano e fomentando o deporte do fútbol sala en Santiago de Compostela, o club invita os xogadores de diferentes equipos da cidade a vivir este ‘derby’ de xeito totalmente gratuíto.
Os xogadores dos clubs Bertamiráns F.C, Victoria C.F, Amio SD, Racing de San Lorenzo, CD Belvís e CD La salle poderán asistir ao partido que enfronta ao equipo da cidade contra Prone Lugo A.D, dous equipos que contan nas súas filas con xogadores da canteira e que apostan polos xogadores da base como futuro do fútbol sala galego.
Entre todos podemos encher o pavillón e facer do Multiúsos Fontes do Sar un fortín, apoiando os nosos xogadores para que os tres puntos queden en territorio compostelán.











