O Salón García acolle a estrea dunha documental sobre as festas de San Roque en Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

“OsCansdeSanRoque” é o título do documental elaborado por unha estudante de audiovisuais de Vilagarcía co obxecto de afondar na historia e tradición das festas coas que a cidade honra ao seu patrón. O traballo estrearase o sábado, 17 de xaneiro, ás 20:00 horas no salón García, e a entrada é libre e de balde.

O documental recolle diversos momentos das festas de agosto na honra de San Roque e intercala entrevistas con varios veciños a cidade que relatan dende datos históricos ata anécdotas e lembranzas destas tradicional celebración. Entre os veciños anónimos, coñecidos festeiros e devotos de San Roque e historiadores que aparecen no documental, aparece Enrique Lago, o estudoso da historia local recentemente falecido.

O traballo debuxa como eran antigamente as festas de san Roque, como o son na actualidade e a evolución das mesmas co paso dos anos. Tamén se fala do comezo da festa da auga, do Combate Naval e, por suposto, do peculiar traslado do Santo ata a capela bailando ao ritmo do pasodobre “Triunfo”. 

Grazas a “OsCansdeSanRoque” moitos vilagarciáns poderán coñecer a historia do patrón de Vilagarcía, como e por que se lle rende homenaxe e dende cando se conmemoran as tradicionais festas de San Roque.

13 de xaneiro de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.