publicidade hoxe

O rexedor de Ponte Caldelas e a deputada Ana Isabel Vázquez visitan o curso de cociña tradicional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Visita do alcalde de Ponte Caldelas ao curso de cociña

Visita do alcalde de Ponte Caldelas ao curso de cociña

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, e a deputada Ana Isabel Vázquez visitaron aos 20 participantes de Anceu no curso de cociña tradicional que se está a impartir no local veciñal desta parroquia dentro do programa Pensa en Ti que desenvolve a Deputación de Pontevedra en colaboración coas entidades sociais e culturais da provincia.

Durante a súa visita, o alcalde e a deputada puideron comprobar como os asistentes ao curso ían coñecendo de man dunha monitora as distintas receitas, técnicas e truquiños culinarios para sacar o máximo rendemento aos produtos galegos de calidade e asistiron en directo a unha clase na que os alumnos debían realizar unha sobremesa a base de mandarina.

Os asistentes agradeceron a colaboración da Deputación e do Concello para que puidesen desenvolverse este tipo de iniciativas que contribúen non só a aumentar a oferta lúdica e formativa das asociacións senón que dinamizan tamén a súa vida interna fomentando a participación dos veciños en actividades que desperitan grande interese.

O curso impártese durante dúas horas polas tardes dos sábados e ten unha extensión total lectiva de 30 horas de duración

19 de xaneiro de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.