publicidade hoxe

O rexedor de Pedrafita quere presentarse á reelección co PSOE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPedrafita do Cebreiro
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Pedrafita, o independente José Luís Raposo, avanzou este luns a súa intención de optar á reelección co Partido Socialista, que abandonou a raíz da apertura de xuízo oral pola causa da retirada irregular de multas de tráfico, aínda que finalmente, por un defecto de forma, quedou exculpado xunto a todos os procesados.

No momento da apertura de xuízo oral decidira darse de baixa de militancia do PSOE, partido ao que estivo adscrito máis de trinta anos, tantos como leva de alcalde deste concello da montaña lucense.

“Eu, se volvo, hei de ir onde estiven sempre. A min o tema que me veu foi alleo ao PSOE. O partido ten un código que aplica. A min ninguén me dixo que me fose”, abundou.

Con todo, considera que é preciso que cambien cousas no Partido Socialista, a pasos axigantados,” se ben matiza que empezou a advertir algúns deses cambios que reivindica, ” pero esa tendencia ten” que “continuar”.

Ao respecto, insiste en que se se presenta o fará baixo as siglas socialistas, xustificando que comparte “o proxecto que ten o secretario xeral de Galicia en todo”, mesmo apela á amizade que o une ao secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

“Eu se volvo ás eleccións, vouno facer baixo o paraugas do secretario xeral en Galicia”, concluíu o rexedor de Pedrafita do Cebreiro con motivo das municipais de maio.

19 de xaneiro de 2015 | 12:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.