O restaurante Alborada organiza unha noite de tapas

Iván Domínguez en Alborada
Quen di que non se pode cear de tapas nun restaurante con estrela Michelin? A alta cociña non está disputada necesariamente coa cociña informal e o restaurante Alborada (1 estrela Michelin e 2 Soles Repsol) demóstrao ao promover unha oportunidade inusual de degustar unidas por primeira vez as propostas dalgúns dos mellores gastrobares da Coruña.
O xoves 5 de febreiro, só na quenda de ceas, o restaurante Alborada presta a súa cociña a outros cociñeiros coruñeses para que elaboren un menú a base de tapas que demostre que o concepto de pequenos bocados tamén ten o seu oco nun restaurante.
“Sentímonos relacionados coas propostas de calidade que están a xurdir en ambientes máis informais e por iso organizamos este encontro de grandes talentos da cociña que se escapa do habitual que un pode esperar nun restaurante con estrela Michelin”, explica Iván Domínguez, director gastronómico do Grupo Alborada.
Participan nesta iniciativa:
. Ángeles Marzoa.- Jaleo Vinoteca.
. Pablo Pizarro. Bocanegra.
. Chisco. Culuca Cociña-Bar.
. Ariel Mendizábal. Pastelaría Doriel.
. Iván Domínguez.- Restaurante Alborada.
Ademais das tapas elaboradas por estes profesionais, Alborada quere dar a oportunidade a un afeccionado á cociña para que demostre o seu talento e cociñe unha tapa esa noite. Os interesados terán que enviar a súa proposta de receita a cocina@alboradahosteleria.com
xunto aos seus datos de contacto antes do domingo 1 de febreiro.











