publicidade hoxe

O Rallye de Curtis reunirá aos mellores pilotos para que conten as súas vivencias nun acto solidario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArangaCurtisDeportesOza/CesurasSobrado
A-
A+

O Rallye de Terra Concello de Curtis organizará o próximo día 7 de febreiro unha mesa redonda na que os mellores pilotos contarán aos asistentes as súas mellores experiencias deportivas. A cita, que será ás 17.30 horas no Recinto Feiral de Curtis, servirá para coñecer as vivencias de varios campións de España pero tamén se formula como unha cita solidaria para conseguir alimentos e material que se doará á Cruz Vermella de Betanzos.

Nesta reunión estarán presentes Manuel Rios (Copiloto de Rallye e un grande exemplo de superación), Roberto Méndez (Piloto e Director de RMC), Amador Vidal (Campión de Rallys de Tierra 2014 e Responsable de ARVidal), Jesús Ferreiro (Campión de España de Rallys Históricos) e Javier Anido (Campión de España de Rallys Históricos – copiloto).

A entrada será libre e só se lle pedirá aos asistentes unha doazón de alimentos non perecedoiros e de produtos de hixiene persoal. Colaboran neste acto os concellos de Curtis, Aranga, Sobrado dos Monxes e Oza-Cesures.

31 de xaneiro de 2015 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.