O Prone Lugo prepara a final de Tenerife
O Prone Lugo comeza este luns a preparar a final do próximo venres (21:30 horas (horario peninsular) – Pavillón Municipal de Tenerife) ante o Uruguay Tenerife. O partido pódese considerar como a final para o Prone Lugo F.S., xa que de lograr unha vitoria os xogadores de Manolo Vázquez obterían moral para seguir loitando pola permanencia, de non ser así unha derrota deixaría moi tocado ao equipo lucense na última praza da clasificación.
En fronte estará un equipo sumido nunha profunda crise, e que viu como se lle foron os xogadores máis importantes do plantel, o partido pouco ou nada terá que ver co que se viu en Lugo o 27 de Setembro. O técnico lucense Manolo Vázquez tratará de recuperar a todos os seus xogadores para afrontar o partido nas mellores condicións posibles.
Así se desenvolverá o traballo semanal:
Luns 12:
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Martes 13:
10:30 horas: Sesión Física (Municipal)
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Mércores 14:
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Xoves 15:
10:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Venres 16:
04:45 horas: Saída cara Tenerife (Terra)
21:30 horas: Uruguay Tenerife – Prone Lugo F.S.
Sábado 17:
Descanso
Domingo 18:
Descanso











