O Prone Lugo F.S. prepárase para o derbi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Prone Lugo comeza este luns a preparar o derbi do próximo venres (21:00 horas – Pavillón Fontes Do Sar) ante o Santiago Futsal, logo da derrota sufrida ante o Jaén Paraíso Interior.

Esta será a terceira vez que ambos equipos se enfronten nesta tempada, logo do partido de pretempada e da vitoria dos santiagueses (2-1) o pasado 11 de Outubro no Municipal de Lugo, vitoria que lle deu folgos os de Santi Valladares para escalar na clasificación, actualmente atópanse dez puntos por riba do descenso. Os xogadores de Manolo Vázquez son conscientes de que puntuar en Santiago suporía manter as opcións de salvarse. Por iso o técnico lucense espera poder contar coa totalidade do seu plantel para o encontro.

Así se desenvolverá o traballo semanal:

Luns 26:

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Martes 27:

10:30 horas: Sesión Física (Municipal)

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Mércores 28:

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Xoves 29:

18:45 horas: Sesión Vídeo (Municipal)

19:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Venres 30:

17:00 horas: Saída cara Santiago (Terra)

21:00 horas: Santiago Futsal – Prone Lugo F.S.

Sábado 31:

Descanso

Domingo 1:

Descanso

26 de xaneiro de 2015 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.