O Prone Lugo F.S. prepárase para a visita do Jaén
O Prone Lugo comeza este luns a preparar o partido do próximo sábado (18:00 horas – Pavillón Municipal de Lugo) ante o Jaén Paraíso Interior, tras sumar o pasado venres a sua primeira vitoria da tempada ante o Uruguay Tenerife.
Enfronte estará un rival que está facendo unha gran tempada, pero seguro que os homes de Manolo Vázquez tratarán de continuar coa linea ascendente mostrada nos últimos partidos a domicilio e poder brindarlle a súa afección unha vitoria sobre o parqué do Municipal. O técnico lucense tratará de recuperar a todos os seus xogadores para afrontar o partido nas mellores condiciones posibles.
Así se desenvolverá o traballo semanal:
Luns 19:
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Martes 20:
10:30 horas: Sesión Física (Municipal)
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Mércores 21:
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Xoves 22:
19:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Venres 23:
10:00 horas: Sesión Vídeo (Municipal)
10:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Sábado 24:
18:00 horas: Prone Lugo F.S. – Jaén Paraíso Interior
Domingo 25:
Descanso











