O Prone Lugo F.S. cae vítima dos seus erros ante Jaén Paraíso

Encontro Prone Lugo – Jaén Paraíso
Recibía o Prone Lugo F.S. ao Jaén Paraíso Interior logo de sumar a primeira vitoria da tempada na súa visita ao Uruguay Tenerife. Os homes de Manolo Vázquez quitáronse unha gran lousa de encima logo da racha de derrotas, o que ía facilitar máis que o equipo puidese competir sen tanta ansiedade por sumar os seus primeiros puntos, o invitado non era o máis axeitado pero a recado que os lucenses querían dar unha alegría á súa afección e si non podía ser cun resultado querían que fose con xogo, mereceron mellor resultado, pero o xogo gustou á afección que tratou de dar folgos ao seu equipo para poder sumar no partido desta tarde.
Comezaba o partido con moitas ocasións para os dous equipos, no primeiro minuto Nacho Pedraza probaba a Prieto cunha falta pero o porteiro despexaba o balón. As ocasións máis claras do Prone eran a balón parado, pero eran ben atalladas por Prieto. Os visitantes tamén gozaban de boas ocasións de gol, pero unha e outra vez topábanse cun Illi que se mostraba moi seguro e que desbarataba todas as accións dos xienenses. Así discorrían uns bos primeiros vinte minutos onde os porteiros de ambos equipos foron os mellores e impediron que o marcador se movese, a última gran acción foi de Illi a falta de 15 segundos ante un potente disparo de Jose López que levaba boas intencións.
Tralo paso polos vestiarios o partido parecía que ía seguir o mesmo guión que no primeiro acto, e as ocasións sucedíanse para os dous equipos, ata que no minuto 24 Nacho Pedraza logrou finalizar unha boa xogada do seu equipo e bater así a Prieto poñendo o 1-0 no marcador. Tralo gol tivo varias o Prone para poder aumentar a súa vantaxe, pero non o lograba, quen si lograría ver porta sete minutos despois do gol de Nacho Pedraza sería Emilio Buendía que tras un saque de banda lograba cun disparo potente bater a Illi. No seguinte minuto Rubén Mouriz dispoñería dunha ocasión moi clara para lograr o empate pero non lograba dirixir ben o seu remate, segundos máis tarde Cuco lograba bater a Illi desde o segundo pau nunha xogada de estratexia na que os lucenses non estiveron finos á hora de defender. Iago Rodríguez dispoñería dunha boa ocasión tralo gol de Cuco, logo dun roubo de balón. Unha serie de erros defensivos no minuto 36 permitía a Cuco poñer o 1-3 no marcador e poñer terra polo medio. Nese momento Manolo Vázquez solicitaba un tempo morto e intentábao colocando a Alex Diz como porteiro xogadores, pero no minuto 38 dous erros infantís consecutivos provocaban que Chino e Eloy Rojas puxesen o definitivo 1-5 no marcador, marcador que non reflectía o bo traballo do Prone durante 35 minutos de partido.











