O Prone Lugo enfróntase ao Levante esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Esta tarde celebrouse a rolda de prensa previa ao partido que este venres (20:30 horas- Pavillón do Cabañal) enfrontará ao Prone Lugo ante o Levante UD DM, nela interviñeron o técnico Manolo Vázquez e o xogador Javi Río.

Declaracións:

Javi Río: “Temos dous partido vitais, nos que temos que sumar algo si queremos manter a categoría. O equipo necesitaba un cambio e esperamos que se produza co cambio de adestrador canto antes. Hai que loitar ata que as matemáticas digan o contrario. Levante é un equipo que defende moito, temos que ir a un partido a pouco goles para estar vivos ata o final. Cando o balón queira entrar entón poderemos empezar a puntuar, o outro día houbo 5 remates ao pau.”

Manolo Vázquez: “Temos a baixa de Mimi e hai algún xogador máis tocado, que temos que esperar a ver como poden chegar. Todos os partidos son importantes, non só os puntos son importantes, senón que tamén a evolución do traballo, agora finalizamos máis pero temos que apontoar o balance defensivo. O non gañar xera ansiedade, fáltanos experiencia nos tramos finais dos dous períodos. Estamos nunha fase de aprendizaxe, pero os xogadores necesitan gañar para que os luns na volta ao traballo haxa outra motivación. O poder seguir o ano que vén hai que gañarllo de aquí a final de tempada, para estar no primeiro equipo hai que dar uns mínimos, por iso comunicarémonos moito con eles porque quero que sigan todos. Desde fóra ves feitos puntuais, desde dentro xa entras noutras valoracións. O xogador ten que sentir que lle ten que custar xogar no primeiro equipo, e percibo que para moitos é fácil, por iso hai que aumentar o nivel de esixencia; parece que polo feito de ser de casa téñeno ganado. O club necesita que os xogadores estean dentro duns valores, cunha valoración entre o 7 e o 10, non é que agora mesmo non o haxa, máis que os puntos necesitamos iso, porque podemos conseguir 20 puntos e ser un desastre. Nunha categoría tan esixente hai que ter máis cousas que o compromiso. O Levante acaba de chegar á categoría. Temos que ir competir e a desenvolver o traballo destas tres semanas, de momento temos moitas cousas entre alfileres. Ossorio é un xogador moi interesante, competitivo e dinámico, aquí foi un xogador importante. O outro día co 1-2 fóísenos a luz 30 segundos e fóísenos o partido. Temos que aumentar o noso nivel de esixencia en todas as facetas, e xa llo dixen aos meus xogadores, a nosa esixencia ten que ser superior ao 100 %. Nos próximos tres partidos temos que sacar algo para poder engancharnos, aínda que eu fíxome máis no traballo do día a día que na clasificación. O único que hai que facer é traballar máis, gañar ou perder non é cuestión de humillación, é cuestión do traballo que fixo cada un. Eu non me sento humillado, séntome doído. Hai que ir aumentando o positivo e eliminando o negativo, por exemplo agora finalizamos máis aínda que sexa por fóra, teñen que darse conta que aínda están aprendendo.”

7 de xaneiro de 2015 | 20:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.