publicidade hoxe

O polideportivo de Lousame acollerá a tradicional Cabalgata e Festival de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra” acollerá este luns 5 de xaneiro, de 17:00 a 20:00 horas, a tradicional Cabalgata e Festival de Reis organizados polo Concello de Lousame. A Concellería de Cultura e Xuventude ten preparado un amplo programa de actividades para esa tarde, que inclúe inchables, un circuíto de trikets, obradoiros, xogos populares, pista americana, rocódromo e a visita dos Reis Magos. Ademais, todos os asistentes poderán participar nunha degustación gratuíta de chocolate con churros.

O Concello de Lousame porá un servizo gratuíto de transporte a disposición de todos os veciños e veciñas que o desexen. Haberá un total de 4 autobuses que, a partir das 16:00 horas, comezarán a recoller aos veciños polas parroquias nas paradas habituais do colexio. A hora de regreso está prevista para o remate da festa, ás 20:00 horas.

Paradas

O primeiro dos autobuses fará un percorrido por Servia, Comparada, Xestoso, Aldariz, Burzó, Millón, Zaramagoso, Ardeleiros, Escabia, Fruíme, Vilas, Silvarredonda, Minas de San Finx, Gandarela, Ces, Chave, Filgueira e Aldeagrande. O segundo autobús sairá de Fontefría e percorrerá Sedofeito, Sabugueiro, San Xusto, Béxeres, Horta, Cairo, Lesende, Mirón, Vilar de Reconco, Vilacova, Cerquides e Castro.

O autobús C pasará por Vilar de Tállara, Ponte San Francisco, Merelle, Meixonfrío, Barreira, Guiende, Pascual, Igrexa, Cernande, Abeixón, Carantoña, Sanguiñal, Marracín, Maxide, Berrimes, Portobravo e Croído. Finalmente, o cuarto autobús recollerá aos veciños de Crons, Corral de Abaixo, Soutelo e Arxellas.

2 de xaneiro de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.