O pleno extraordinario para desbloquear as contas municipais de Nigrán celebrarase este xoves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

Tras a celebración da comisión especial de contas celebrada hoxe, na que se deu luz verde á inadmisión dos escritos presentados por IU ao presuposto, o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, convoca o pleno extraordinario para desbloquear as contas municipais para o xoves 15 de xaneiro, nunha sesión que se celebrará en horario matutino -ás 12.00 horas-, unha decisión adoptada polo goberno municipal para reducir os custos xerados por asistencia de persoal municipal.

Neste sentido, e co ánimo de reducir á mínima expresión o prexuízo que non ter o presuposto en vigor pode xerar os veciños, o goberno municipal reitera a súa decisión de non percibir as indemnizacións correspondentes por asistencia á comisión especial de contas celebrada hoxe nin ao pleno do próximo xoves.

Así trasladóuselle aos membros da oposición presentes hoxe na comisión especial de contas, “unha formulación que non obtivo resposta por parte de ningún dos membros do PSOE nin polo voceiro de UCN”, sinala Valverde.

12 de xaneiro de 2015 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.