publicidade hoxe

O Pleno de Oleiros aproba a proposta para adherirse ao Plan provincial de aforro e investimento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

A corporación municipal aprobou por unanimidade no pleno celebrado onte na Casa Charry a proposta do grupo de Goberno para adherirse a un plan provincial que lle permitirá obter máis de 300.000 euros de financiamento a custo cero. Ademais neste mesmo punto, o Goberno incluíu a realización de traballos de mellora na urbanización Os Regos. Estas obras permitirán renovar as beirarrúas da avenida principal, crear novas prazas de aparcamento e mellorar a senda que circunvala a urbanización pola avenida Isaac Díaz Pardo.

Durante a sesión de onte tamén se aprobou de forma definitiva o refundido do PXOM de Oleiros, documento que recolle o Plan xeral con todas as modificacións levadas a cabo desde a súa primeira aprobación definitiva en 2009. Do mesmo modo resolvéronse as alegacións ao orzamento xeral para 2015, polo que o documento entra en vigor e comeza a rexer a vida municipal para este exercicio.

30 de xaneiro de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.