O Plan RUA actúa no barrio de Novo Mesoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que o Plan RUA actúa, dende hoxe, martes 27 de xaneiro, e ata o próximo venres, día 30, no barrio de Novo Mesoiro, onde intervirá nunha decena de rúas e prazas que suman unha superficie total de 25.608 metros cadrados.

Durante esta intervención en Novo Mesoiro realizaranse distintas actuacións, como limpeza de calzadas, rúas e prazas, colectores e rede de sumidoiros; mantemento de zonas verdes; ou reparación de distintas incidencias. Participarán 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sostibles e ordenados coa colaboración veciñal. En concreto, realizaranse os seguintes traballos:

. Baldeo de beirarrúas, calzadas e prazas.

. Limpeza e mantemento dos colectores de papel e vidro.

. Reposición de catro colectores.

. Limpeza de 2.600 metros lineais da rede de rede de sumidoiros da zona. Limpeza e mantemento de 90 pozos da rede de rede de sumidoiros e de 150 sumidoiros.

. Mantemento de zonas verdes.

. Mantemento de parques infantís.

. Reparación de 10 incidencias en iluminación pública.

. Mantemento de 5 marquesiñas.

Ademais, aproveitarase esta actuación para a instalación do punto limpo móbil e para a inspección de vehículos abandonados.

27 de xaneiro de 2015 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.