O Plan RUA actúa na zona das Xubias
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio, informa de que o Plan RUA actúa hoxe, sábado 31 de xaneiro, e o próximo luns, 2 de febreiro, no barrio das Xubias, onde intervirá sobre unha superficie total de 11.200 metros cadrados.
Durante esta intervención no barrio realizaranse distintas actuacións no ámbito dos lugares das Xubias e As Xubias de Abaixo, a Urbanización Costa Mar e o campus de Oza. Así, entre outras accións, destacan a limpeza de calzadas, rúas e prazas, colectores e rede de sumidoiros; o mantemento de zonas verdes; ou a reparación de distintas incidencias. Participarán 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sostibles e ordenados coa colaboración veciñal. En concreto, realizaranse os seguintes traballos:
. Baldeo de beirarrúas, calzadas e prazas.
. Roza de maleza en cunetas e posterior limpeza.
. Limpeza e reparación de 30 colectores.
. Reposición de dous colectores.
. Limpeza de 800 metros lineais da rede de rede de sumidoiros da zona. Limpeza e mantemento de 40 pozos da rede de sumidoiros e de 60 sumidoiros.
. Mantemento de zonas verdes.
. Mantemento de dúas marquesiñas.
Ademais, aproveitarase esta actuación para a instalación do punto limpo móbil e para a inspección de vehículos abandonados.











