O Plan de Formación da Bolsa de Traballo inicia un curso de auxiliar de comercio
A Concellería de Formación e Emprego porá en marcha mañá o primeiro dos cinco cursos incluídos no Plan de Formación da Bolsa de Traballo para o primeiro semestre do 2015.
Hoxe rematou o proceso de selección dos participantes neste primeiro curso, nos que serán formadas 25 persoas para poder traballar como auxiliares de comercio. O curso inclúe 80 horas lectivas, que comezarán mañá venres e concluirán o 20 de febreiro, e outras 80 de prácticas en empresas do sector para aqueles alumn@s que superen a primeira parte da formación. As clases desenvolveranse de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas.
Para realizar a selección dos e das participantes (os criterios están establecidos nas bases publicadas no BOP), dende a Bolsa de Traballo foron enviados un total de 257 sms convocando aos usuarios e usuarias que se inscribiron na BDT como demandantes de emprego no sector do comercio, xa que o fin último do departamento que dirixe Marcos Trigo é a inserción laboral. Á preselección acudiron 36 das persoas convocadas, entre as cales foron seleccionadas as 25 alumn@s do curso.
O Plan de Formación da BDT inclúe tamén cursos de mozo de almacén, competencias clave, hostalería e prevención de riscos. Todos eles desenvolveranse no primeiro semestre deste ano.
Contidos do curso de auxiliar de comercio
O principal obxectivo do curso é que o alumno poida realizar actividades auxiliares dereposición e acondicionamento no punto de venda e reparto de proximidade, seguindoinstrucións e criterios establecidos, utilizando o equipo necesario, respectando as normas deseguridade e saúde, e poñendo, en caso necesario, atención e información protocolarizada eestruturada, ao cliente no punto de venda ou no servizo de reparto de proximidade.
A formación teórica dividirase en tres grandes bloques: atención ao cliente (técnicas de comunicación con clientes, técnicas de atención básica a clientes, incluíndo a atención telefónica e a xestión das reclamacións; e a calidade do servizo de atención ao cliente); operacións auxiliares no punto de venda (reposición, reconto, e operacións de caixa deprodutos, animación do punto de venda, imaxe do establecemento, merchandising, técnicas e estratexias de venda, imaxe e etiquetado de produtos) e manipulación de alimentos.











