O Museo de Pontevedra acolle unha xornada de achegamento ó universo galego do escritor Julio Cortázar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Museo de Pontevedra acollerá hoxe, mércores, ás 20:00 h, unha xornada organizada pola Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na que se fará un achegamento ó universo galego do escritor Julio Cortázar, de quen se acaba de celebrar o centenario do seu nacemento.

Na xornada presentarase o libro O soño galego de Julio Cortázar e proxectarase un documental sobre o escritor; haberá tamén unha charla coloquio.

No acto intervirán Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; Ana Isabel Vázquez, deputada provincial; Francisco Fernández Naval, escritor e autor do libro; e Juan de la Colina, director do documental Cortázar Galicia.

28 de xaneiro de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.