publicidade hoxe

O movemento asociativo de Neda recauda 2.000 kilos de alimentos para as familias da vila con escasos recursos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A concelleira de Servizos Sociais, Leonor Canosa, quixo destacar públicamente a extraordinaria solidariedade de toda a veciñanza de Neda e agradecer a magnífica colaboración do movemento asociativo que, unindo esforzos, e xunto ao Concello, conseguiron recadar unhas dúas toneladas de productos alimenticios non perecedoiros para as familias con escasos recursos do municipio.

Unha cifra que supera as mellores previsións e que pon o broche de ouro á campaña solidaria de recollida que, no mes de decembro e por cuarto ano consecutivo, impulsou a Administración local, a través de Servizos Sociais. Con eses 2.000 kilos de alimentos e outros procedentes de Cruz Vermella, o Concello foi quen de elaborar as cestas que, cada ano, entrega ás familias con escasos recursos inscritas nos Servizos Sociais.

As entidades e asociacións colaboradoras foron: Asociación de Amas de Casa, A VV Anca, A VV de Viladonelle, A VV do Roxal, CCRD do Puntal, AVV Ancos, Asociación A Canteira e SDR da Cobeluda, Asociación Brosladeiras e Asociación Amigas das Labores Entre puntos e puntadas, así como a superficie comercial Eroski.

12 de xaneiro de 2015 | 11:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.