O mes de xaneiro preséntase clave para a Sociedade Ximnástica con diversos Campionatos de Galicia
Co mes de xaneiro comezan a maioría dos Campionatos de Galicia baixo teito, sen que se nos esquece o campo a través; estas competicións son claves para que a maioría de atletas consigan as marcas mínimas de clasificación para os Campionatos de España que se celebran en febreiro e de paso sumar as súas primeiras medallas da tempada.
O próximo fin de semana, a vista estará posta en Lugo, onde se disputa o autonómico de probas combinadas, unha especialidade que leva varias décadas dominando os atletas pontevedreses e que nesta ocasión se presenta coa novidade da creación do Campionato de Clubs.
O 17 e 18 de xaneiro celébrase a final da Liga de Menores de Clubs e a Copa de Clubs na Coruña. A Ximnástica clasificou a un equipo cría e a outro infantil para a final da Liga de Menores e na Copa estarán os equipos masculinos e femininos absolutos da veterana Sociedade, cuns rapaces que defenderán un título que levan conseguindo dous anos seguidos.
O domingo 25 de xaneiro, Friol acollerá o autonómico de campo a través curto por Clubs, ademais do individual xuvenil e cadete da especialidade. O equipo masculino da Ximnástica intentará defender o seu Campionato da edición anterior.
Rematará xaneiro, no seu último día, con dúas competicións importantes para o equipo lerezano, o Campionato de Galicia absoluto baixo teito en Coruña e a Copa do Rei en San Sebastián, a coincidencia do calendario obrigará a tomar dolorosas decisións aos atletas que terán que decidir a que competición acudir.











