O Mercado dos xoves de Tui estivo marcado polas adversas condicións meteorolóxicas
Está mañá celebrouse en Tui un novo mercado semanal dos xoves coma vén acontecendo ao longo das últimas décadas. As adversas condicións meteorolóxicas , choiva e vento, impediron a boa parte dos vendedores exercer a súa actividade aínda que si montaron os seus postos e agardaron para expor a mercadoría a unha lixeira melloría no tempo. Entre os vendedores que hoxe estiveron de novo no mercado tudense están os xitanos zamoranos que nunha alta porcentaxe instalaron os seus postos a primeira hora tras semanas de ausencia. Finalmente as malas condicións impediron continuar coa feira.











