O mellor fútbol sala regresa ao Multiúsos Fontes do Sar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+

Chegou o 2015 e co regresa a mellor liga de fútbol sala do mundo. O primeiro encontro do ano, e da segunda volta, trae ao Multiusos Fontes do Sar o partido que disputarán Santiago Futsal e Magna Navarra mañá domingo, ás 11.45 h.

Os de Santiago chegan a este encontro co propósito de conseguir sumar os primeiros 3 puntos do ano, e alongar así o refacho de vitorias que encadearon nas últimas tres xornada de Liga, ao superar a Burela FS, Peñíscola e Palma Futsal e mirar con maior ambición os postos de arriba. Pola súa banda, os navarros chegan a Santiago co obxectivo da Copa de España conseguido, xa que se asentan na 7ª posición da táboa. Ambos os dous conxuntos buscarán consolidar os seus obxectivos e para iso, sumar os primeiros 3 puntos do ano é tarefa clave.

Os precedentes dos encontros entre estes conxuntos mostran un parcial de vitorias favorable aos locais, con 7 vitorias e 4 empates, e ningunha vitoria dos visitantes. Pero destaca unha particularidade nestas cifras, e é que os de Santiago nunca marcaron menos de 4 goles nos encontros ante Magna Navarra disputados no Multiúsos Fontes do Sar e suman un total de 50 tantos marcados e 33 encaixados. Se preveé un encontro de grande intensidade, ritmo e goles, como vaticinaba onte en rolda de prensa Santi Valladares.

O adestrador do Santiago Futsal non poderá contar para o encontro de mañá con Borja, que sofre molestias no recto, nin con Lucho, que segue co proceso de recuperación. Ademais, este será o primeiro encontro que xogará o conxunto branco tras a marcha de Marci por motivos laborais.

3 de xaneiro de 2015 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.