O Local de Música acolle a presentación da nova empresa de mánagers de grupos de música locais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Local de Música acolle mañá, ás 13.00 horas a presentación da empresa Quinta Justa destinada á promoción dos grupos de música emerxentes en Pontevedra. Nacida do Local de Música, o significado de Quinta Justa é o intervalo musical composto por tres tonos e un semi tono.

Na súa presentación oficial aos medios de comunicación, a cantautora Yoly Saa, interpretará un dos seus temas acústicos. Ademais haberá un viño patrocinado polas empresas colaboradoras con este proxecto: Bagos, Pintxoviño e Logan.

A súa presentación oficial será este sábado, 10 de xaneiro, con distintas actuacións. A programación é a que segue:

• 18.00 horas. Música de Quinta Justa e pinchos no bar Ánimas

• 20.00 horas. Presentación Audiosual na Gramola

• 21.00 horas. Viño no bar Bagos e Pintxoviño

• 22.30 horas Concertos no bar Trueque. Cada grupo de Quinta Justa tocará dous temas, logo farase unha Jam nos que poderán participar todos os músicos que estean presentes.

8 de xaneiro de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.