O Igape presenta as súas novas liñas de apoio a empresas na CEP

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) acolle o próximo luns 26 de xaneiro unha xornada informativa na que expertos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) informarán sobre as liñas de apoio investidores, mellora da competitividade e internacionalización das pemes.

A xornada, de carácter gratuíto e entrada libre, dará comezo á as 12:30. O presidente da CEP, Luís Novoa Díaz, presentará ao director xeral do Igape, Javier Aguilera, quen será o encargado de iniciar a xornada, explicando en que consisten estes novos instrumentos de apoio á actividade empresarial postos en marcha pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

A continuación, o responsable de programas do Igape para a bisbarra de Vigo, Miguel Fidalgo, tomará a palabra para detallar pormenorizadamente en que consisten as novas liñas de apoio.

Para finalizar, abrirase un coloquio no que os asistentes poderán realizar as preguntas que consideren oportunas para aclarar as dúbidas que poidan ter sobre a información facilitada na xornada.

22 de xaneiro de 2015 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.