O goberno ferrolán aproba o proxecto para dar continuidade á reurbanización da rúa Río Xubia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Goberno Municipal de Ferrol, que preside Jose Manuel Rey Varela ,deu hoxe un paso máis nunha nova intervención urbanística para a mellora do barrio de San Xoán, en concreto do contorno da rúa Río Xubia. A Xunta de Goberno Local, celebrada esta mañá, aprobou o proxecto e estudo de seguridade e saúde para as obras de reurbanización deste viario no tramo entre Manuel Belando e Cabo Prior, atendendo así a unha demanda histórica dos veciños e comprometida polo alcalde de Ferrol nunha das reunións de traballo coa Asociación de Veciños no marco do Plan de Barrios.

O concelleiro de Urbabnismo, Infraestruturas e Contratación do Concello de Ferrol, Guillermo Evia Pérez, explicou que a intervención neste treito permitirá abrir a rúa Río Xubia, eliminando así o tapón urbanístico que existía no lugar. Así as cousas, esta actuación ten lugar despois de que a administración municipal se fixera coa disponibilidade dos terreos e derrubara o pasado mes de agosto a construción en estado ruinoso que ocupaba a parcela. O seguinte paso será acometer estas obras de reurbanización da rúa Río Xubia, no tramo entre Manuel Belando e Cabo Prior, que consistirán básicamente na pavimentación e sinalización da rúa, así como dotala de servizos básicos -rede de abastecemento de augas, de saneamento, de gas, de enerxía eléctrica e alumeado público-.

O orzamento total das obras ascende a 142.923,40 euros (21% de IVE incluído). Con esta intervención o Goberno de Rey Varela consigue a mellora integral desta zona de San Xoán en que tamén se executou o ano pasado a renovación integral dos firmes das rúas Xubia, Illa Herbosa e Fontemoura.

19 de xaneiro de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.