O goberno de Ferrol impulsou a maior oferta pública de emprego de promoción interna nos dous últimos anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Goberno Municipal de Ferrol continúa apostando pola profesionalización da Administración local coa posta en marcha da maior Oferta Pública de Emprego de promoción interna en décadas feita na Administración local. Un proceso que vai acompañado da realización de cursos de formación para facilitar a promoción interna e a preparación dos exames ao persoal do Concello que se queira presentar, explicou hoxe o concelleiro de Economía, Facenda, Patrimonio e Recursos Humanos, Alejandro Langtry Caínzos.

Esta OPE posta en marcha para a promoción interna inclúe un total de 31 postos en diferentes escalafóns e departamentos municipais; e se corresponde cos exercicios de 2015 e 2014. Así, a relación de postos de promoción interna ofertada polo Executivo ferrolán é a seguinte:

Ano 2014

– 1 praza de administración especial de grupo A1.

– 3 prazas de técnico/a de grupo A2.

– 9 prazas de administrativo/a de grupo C1.

– 1 praza de sarxento de bombeiros de grupo C1.

– 2 prazas de oficial de grupo C2.

– 2 prazas de cabo bombeiros de grupo C2.

Ano 2015

– 1 praza de técnico de recadación de grupo A1.

– 2 prazas de técnico/a de grupo A2.

– 5 prazas de administrativo/a de grupo C1.

– 5 prazas de cabo bombeiros de grupo C2.

A estas ofertas de emprego público de promoción interna hai que sumar as 10 prazas que xa están en marcha para o Corpo Policial de Ferrol. Estas son:

– 1 de inspector principal -sistema de mobilidade-.

– 2 de inspector -turno de promoción interna-.

– 5 de oficial – catro turnos de promoción interna e un sistema de mobilidade-

– 2 prazas de policía -quenda libre-.

Ademais, se cubrirá o 100% das vacantes que se produzan durante o presente ano e as que se teñan producido o exercicio pasado por xubilación en Policía Local, polo que proximamente se ampliará a oferta de emprego público de 2015 con outras dúas prazas de Policía Local por mobilidade.

23 de xaneiro de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.