O fin de semana a Sociedade Ximnástica multiplícase con numerosas competicións en pista
A pouco menos de 9 días para que se celebre o Campionato de Galicia Absoluto de Atletismo en pista cuberta, os atletas da Sociedade Ximnástica terán este fin de semana a última oportunidade de conseguir a marca de cualificación, para aquilo que aínda non a lograron.
No Pavillón dos Remedios de Ourense, concentrará a maior parte dos pontevedreses, cunha trintena deles e participarán nas probas de 60 metros, 60 metros valos, salto de lonxitude e triplo salto.
Coruña acolle outra xornada atlética na que veremos a Víctor Gallego, que despois de lanzar 16,55 na proba de peso da Copa de Galicia, necesita seguir competindo para mellorar as súas prestacións.
Noutros puntos da xeografía nacional tamén se foguearán os atletas da veterana Sociedade; en Madrid, Enriq Obiol, na proba de salto con Pértiga e Eduardo Gallardo, xunto a Gonzalo, nos 60 metros, buscarán mellorar a súa marca da tempada. No escenario do próximo campionato de España de pista cuberta, Antequera, estará Lysvanys Pérez na proba de salto de altura.
En Valladolid, Alejandro Otón en 60 metros valos e Manuel Molinos no salto de altura, seguirán sumando competicións. Por último en Valencia, David Martínez tras correr hai dúas semanas en Zaragoza os 1.500 metros en 3.54, intentará mellorar esta marca.
O sábado pola mañá o CGTD acolle a terceira xornada do Xogatlon
Tras o parón do Nadal, os atletas da Escola Municipal de Atletismo da Sociedade Ximnástica, que patrocina o Instituto Municipal de Deportes, participarán na terceira xornada do Xogatlon.
Nesta ocasión disputaranse as probas de triplo salto, lanzamento de disco e 60 metros valos; todas elas adaptadas ao nivel de desenvolvemento atlético de cada atleta e baixo a dirección e supervisión dos seus monitores.
En apenas 60 minutos, de 10 a 11 horas, as xóvenes promesas disputarán as tres especialidades, na que se prevé unha xornada de formación máis que de competición.
E quince días despois, o 7 de febreiro, terá lugar a cuarta e penúltima xornada.











