O espectáculo teatral “Colón debe morrer” chega a Rianxo
O sábado 17 de xaneiro, ás 20.00 h terá lugar a representación teatral “Colón debe morrer” a cargo da Agrupación Teatral Criaturas, no Auditorio de Rianxo. A obra está recomendada para un público maior de 12 anos. As entradas son gratuítas e (máximo 2 por persoa) poden adquirirse unha hora antes da función.











