publicidade hoxe

O equipo “Os Intocables” gaña o Campionato Galego de Caza de Raposo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSarriaTriacastela
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

O pasado sábado 17 de xaneiro tivo lugar nas localidades lucenses de Sarria e Triacastela a vixésima edición do Campionato Galego de Caza de Raposo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración das Sociedades de Caza de Santa Bárbara de Láncara e Triacastela.

Á proba acudiron un total de 14 equipos clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais máis o equipo campión da edición anterior e o equipo campión da Copa Galicia 2014 da especialidade.

A xornada cinexética foi transcorrendo sen imprevistos e tan so a presenza de neve en varios puntos do Tecor de Triacastela fixo preciso o cambio de manchas de algúns equipos para que puideran desenrolar a xornada de caza sen inconvenientes. Unha xornada xélida que non foi impedimento para que cans e cazadores gozaran dun extraordinario campionato no que a abundancia de raposos foi a nota predominante, avistándose preto de un cento de raposos polos 16 equipos participantes. A partir das 13:30 horas os equipos foron facendo a súa entrada en control e o equipo veterinario alí presente analizaba as capturas. En total as capturas ascenderon a 33 rapososo cal contribuirá positivamente á supervivencia das especies de caza menor existentes nestes Tecores.

Foi o equipo coruñés de nome “Os Intocables” o que con 8 capturas e 4.000 puntos se proclamaba Campión Galego de Caza de Raposo. O segundo posto era para o equipo lucense “Os Rápidos” con 6 capturas e 3.000 puntos. O terceiro posto recaía no equipo, tamén lucense, “Parrillada Antonio” con 3 capturas e 1.500 puntos.

O xantar de irmandade e entrega de premios congregou a tódolos participantes, guías, xuíces, organización, representantes federativos e autoridades. Entre as autoridades atopábanse a alcaldesa do concello de Triacastela Olga Iglesias, o concelleiro de Deportes de Sarria Manuel Sangil, o Capitán da Zona Francisco Mira, os presidentes das Sociedades de Caza de Santa Bárbara de Láncara e Triacastela José Rego e Francisco Porral, e como representantes federativos asistían Francisco López Penelas presidente da Federación Galega de Caza en Lugo, Francisco Couselo Castiñeira presidente da FGC en Pontevedra, o delegado da competición de raposo e secretario xeral da FGC Ramón Rodríguez Cobas e Javier Nogueira Diz no seu primeiro acto oficial unha vez reelixido novamente como presidente da Federación Galega de Caza.

19 de xaneiro de 2015 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.