publicidade hoxe

O equipo do Paulino gaña o Campionato de Tute de Cervo por segundo ano consecutivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O XX Campionato de Tute chegou ao seu remate coa habitual cea con todos os participantes na que se fai entrega dos trofeos aos gañadores e que se celebrou no restaurante O Castelo. Nesta edición o gañador foi o equipo do Paulino, que se fixo co primeiro posto por segundo ano consecutivo (104 puntos), seguido do Castelo, que fora o gañador no ano 2012 (92 puntos), e do Trasgo, terceiro por unha escasa marxe (90 puntos).

Para todos eles e os seus compoñentes houbo trofeos, ao igual que para a parella con mellor puntuación, que neste caso foi a formada por Eloy e Fermín, do equipo do Castelo, que conseguiu 28 puntos, e que quedaran empatados con Torres e Eladio, do Paulino, tendo que xogar unha partida de desempate que gañaron os primeiros. En canto aos demais equipos, a clasificación segue desta maneira: O Río de Oro no cuarto posto (90 punto), o Camarote no quinto (86), seguido do Mesón da Ría (86), Pulgas (64) e Pedregal (60). Este último equipo levou o faroliño vermello ao conseguir a menor puntuación.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o tenente de alcalde, José Manuel Balseiro, o edil de Deportes, Luis Guillén, e o de Zona Rural, José Ramón Soto participaron na entrega de trofeos. Guillén destacou ademais os bos niveis de participación que rexistra o campionato ano tras ano, “mobilizando a unhas 80 persoas que xogan as partidas nos locais de cada equipo, bares e restaurantes do municipio, co cal se consegue dinamizar a hostalería local”. Ao mesmo tempo, lembrou que se trata dun campionato cunha longa tradición que se mantén vivo grazas a todos os participantes.

17 de xaneiro de 2015 | 20:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.