O encontro entre Ingleses e Mareantes cambia de hora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

O partido que enfronta este domingo aos Ingleses e ao Mareantes de Pontevedra sufriu unha alteración no seu horario debido a unha competición de atletismo que se celebra o Domingo pola Mañá en Fontecarmoa. O partido celebrarase o Domingo ás 16:00 horas.
De cara este encontro David Losada recupera parte dos dianteiros que se perderon o partido de Lugo, non obstante a lesións seguen castigando ao equipo e sobre todo a liña de tres cuartos. Á baixa de Lema únese a de Indalecio Freiria “Inda” cunha fractura do polgar da súa man dereita, con esta lesión a rotación na liña é aínda máis curta.

LESIÓN DE DAVID LEMA

Boas noticias en relación a lesión de David Lema, os resultados da resonancia revelou unha rotura parcial dos ligamentos. Xa recibiu a alta hospitalaria e mañá reunirase co traumatólogo para decidir se finalmente pasa polo quirófano ou optan por un tratamento conservador.

En calquera caso causará baixa o que resta de tempada. Dende o mesmo sábado ao coñecer a importancia da lesión o corpo técnico comezou a traballar na incorporación dun xogador para substituír a Lema, dado que é único Talonador que había no equipo e ao tratarse dun posto tan específico deixaría ao equipo tocado.

Neste sentido no día de onte confírmase a incorporación ao equipo de Ricardo Blanco Fernández “Richi”. Richi de 23 anos, 173 cm e 87 Kg vén do Santiago R.C., Club no que militou as 4 últimas tempadas e no que na actualidade hai catro xogadores dos Ingleses cedidos.

Este novo xogador destaca por dominar o lanzamento de touch e o talonaxe da mele que eran os aspectos que máis preocupaban ao equipo, ademais destaca pola súa técnica de placaxe.

28 de xaneiro de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.