publicidade hoxe

O edil de Vías e Obras de Gondomar revisa o estado das obras dos camiños do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Visita ás obras

Visita ás obras

A Concellaría de Vías e Obras de Gondomar, esta levado a cabo nestes días a adecuación e asfaltado do camiño dos ” Balos Toucido”

En concreto, procedeuse á substitución da canalización de rede de sumidoiros modernizándoa. Adecuando esta tamén para que a empresa de telefonía poida levar o seu cableado soterrado, podendo así retirar os antigos postes de madeira, rematando esta mellora co asfaltado segundo explica Jesús Salgueiro, concelleiro de Vías e Obras.

Á súa vez o Concello de Gondomar vén de finalizar os traballos de mellora no camiño da parroquia de Vincios as actuacións, levadas a cabo por operarios do Concello, centráronse no asfaltado deste nodia de onte.

Coa adecuación destes camiños, o Concello de Gondomar segue atendendo as necesidades dos veciños das súas parroquias e mellorando as infraestruturas e seguridade vial do municipio.

23 de xaneiro de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.