O DOG publica a orde de aprobación definitiva do PXOM de Oleiros
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello coruñés de Oleiros, que acada así a ordenación total do seu territorio. Esta orde deberá ser publicada nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e entrará en vigor aos vinte días desa publicación.
O concello de Oleiros conta desde 2009 cun documento de planeamento aprobado parcialmente no mes de marzo, que necesitaba cambios na ordenación de determinados ámbitos para poder acadar a aprobación definitiva do 100% do seu territorio. Con este obxectivo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, mantivo desde entón unha liña de traballo continua para colaborar co Concello, celebrando un total de cinco reunións técnicas.
O documento asinado o 12 de decembro completa a ordenación das zonas que estaban afectadas pola pegada sonora do aeroporto de Alvedro. Así, o PXOM incorpora as áreas que estaban en suspenso debido ao informe desfavorable de Aviación Civil e que agora reducen considerablemente a súa afección, ao validar o TSXG a proposta de afección do Concello.
Deste xeito, a pegada sonora foi reducida dunha superficie de 2,52 km2 a 0,25 km2, o que supón que a porcentaxe de afección á totalidade do termo municipal pasara do 5,82% ao 0,58%.
Así mesmo, este municipio coruñés tamén decidiu incorporar un refundido do PXOM vixente, co fin de actualizar o documento introducindo As derradeiras modificacións puntuais aprobadas, como unha corrección dos erros materiais detectados desde a súa entrada en vigor á execución das sentenzas recaídas en relación ao PXOM.
En definitiva, o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Oleiros aprobado hoxe incorpora os seguintes elementos:
Correccións como consecuencia do cumprimento da Orde do 11/03/2009 da CPTOPT: neste sentido, cabe destacar a afección da pegada sonora que pasou de 2,52 km2 a 0,25 km2, o que supuxo unha redución do 5,82 % da totalidade do termo municipal ao 0,58 %.
Modificacións puntuais do PXOM aprobadas definitivamente dende a entrada en vigor.
Correccións puntuais de erros materiais dende a aprobación do Plan Xeral.
Cambios consecuencia da execución de sentenzas en recursos contencioso administrativos interpostos en relación coa aprobación do Plan Xeral.
|
SOLO |
SUPERFICIE |
% |
|
TOTAL CONCELLO
|
43,20 km2 |
100,00 % |
|
SOLO RÚSTICO
|
24,36 km2 |
56,44 % |
|
PROTEXIDO
|
22,66 km2
|
53.37 %
|
|
ORDINARIO
|
1,7 km2
|
3,07 %
|
|
SOLO URBANIZABLE
|
4,9 km2 |
11,3 % |
|
DELIMITADO
|
2,5 km2
|
5,7 %
|
|
NO DELIMITADO
|
2,4 km²
|
5,6 %
|
|
SOLO URBANO
|
13,94 km2 |
32,26 % |
|
CONSOLIDADO
|
13,24 km2
|
30,6 %
|
|
NON CONSOLIDADO |
0,7 km2
|
1,66 %
|
O PXOM regula os 43,2 km2 de superficie deste municipio e outorga seguridade xurídica para o correcto desenvolvemento urbanístico futuro de Oleiros. Desta superficie total, destaca que máis da metade (53%) está clasificado como solo rústico protexido e un 31% é solo urbanizable consolidado (13,2 km2). O PXOM estable ademais 4,9 km2 de solo urbanizable.
Polo que respecta aos espazos libres e zonas verdes destaca que o PXOM de Oleiros contempla 1,2 millóns de metros cadrados, máis do dobre do esixido por lei.
A Xunta de Galicia concedeu máis de 189.000 euros en axudas para a redacción deste documento.
Esta orde de aprobación definitiva será publicada nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG) e entrará en vigor 20 días despois da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
79 concellos adaptados á normativa vixente
Dos 314 concellos galegos actualmente hai 254 que dispoñen de planeamento xeral. Destes, 79 están adaptados á normativa actual e 177 teñen a súa adaptación en curso. Desde 2009 este Goberno firmou 45 ordes de aprobación definitiva.
O PXOM é o documento máis importante para un municipio e Xunta de Galicia está a axilizar a tramitación dos planeamentos dos concellos galegos co obxectivo de que todos os concellos galegos conten con planeamento.
A nova Lei do Solo que se está a tramitar suporá un gran impulso nese obxectivo de dotar a todos os concellos de planeamento, ao simplificar a tramitación administrativa ou integrar a figura do plan básico, para os concellos de menos de 5.000 habitantes.











