O desemprego en Nigrán caeu no último ano un 11,5%
Os Reis Magos traen a Nigrán un dos regalos máis prezados, emprego. Os datos da consellería de Traballo e Benestar Social publicados o pasado 5 de xaneiro revelan un pronunciado descenso do paro no mes de decembro de 2014, cunha caída dun 11,5% respecto ao mesmo mes do ano anterior. Así, en decembro de 2013, o número de persoas en situación de desemprego no termo municipal foi de 1.785, unha cifra que no mesmo mes de 2014 se reduciu ata os 1.580, 205 persoas menos.











