O coro Vox Stellae regala aos afeccionados do Obradoiro as súas versións do “Miudiño”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

As tres versións do “Miudiño” do coro Vox Stellae pódense descargar gratuitamente dende a páxina web do Rio Natura Monbus Obradoiro

O “Miudiño”, a canción popular galega acollida como himno pola afección obradoirista, ten dende agora tres novas versións, interpretadas polo coro de cámara Vox Stellae.

O grupo, encargado de pechar a presentación do equipo celebrada o pasado outubro coa súa espectacular actuación en directo, gravou tres versións diferentes da canción que quenta Sar cada fin de semana de partido. Dúas delas están interpretadas a voces mixtas e outra cantada exclusivamente por voces masculinas. As cancións están dispoñibles para descargar de forma gratuíta na web do club (www.obradoirocab.com).

O conxunto creado en 2002 e especializado en música sacra, realiza concertos por toda a xeografía galega e traballa xa en novos proxectos, mesturando modernidade e historia nos seus cantos.

19 de xaneiro de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.