publicidade hoxe

O consorcio As Mariñas comeza un plan de formación en ‘social media’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOleiros
A-
A+
Inicio do curso

Inicio do curso

O Consorcio As Mariñas impulsa un plan conxunto de formación para potenciar a comunicación ao veciño dende os servizos sociais municipais. En concreto, e para adaptarse ás tendencias dos cidadáns, o Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio aposta por centrar esforzos nas redes sociais e así comezou hoxe a formación dirixida aos técnicos destas áreas nos nove Concellos.

O centro municipal de Formación de Oleiros foi o escenario para este inicio do programa. O director do Plan Coordinador, Ignacio Crespo, presentou as xornadas destacando a importancia que ten nos servizos sociais “estar próximo” ao veciño.

As sesións de formación en ‘social media’ prolónganse ata este xoves. A partir de aí, os técnicos dispoñerán dun apoio online e programáronse encontros en abril, xuño e outubro que servirán para compartir dúbidas e avaliar os resultados.

A idea, sinala Crespo, consiste en que cada Concello dispoña con esta iniciativa de técnicos en servizos sociais con formación para manexar redes sociais como Facebook ou Twitter con contidos orientados ao seu ámbito. Logo cada Concello decidirá se estes contidos teñen un perfil propio ou se integran nos xa oficiais.

O Consorcio aposta por seguir aproveitando a unión dos concellos para levar a cabo accións de interese para todos, e os servizos sociais segue sendo unha das súas principais competencias e prioridades.

20 de xaneiro de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.