O Concello de Vilagarcía transplanta as árbores e arbustos decorativos retirados dos xardíns da praza de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

As árbores e plantas decorativas retiradas dos xardíns da Praza de España con motivo dos traballos de reforma que se están a levar a cabo nesta céntrica zona verde están decorando xa outros parques da cidade. O Concello tamén aproveitará o mobiliario urbano da Praza posto que os tradicionais bancos de pedra e forxa volverán á Praza de España unha vez rehabilitados, os de madeira serán reparados polo persoal de Obras e logo recolocados noutros puntos do municipio.

Persoal de Obras e de Xardíns colaboraron coa empresa que executa as obras de reforma da Praza de España para levantar as árbores e arbustos sen danar as raíces. Dos catro camelios retirados, tres xa foron replantados no Parque da Praia Compostela e o cuarto no Miguel Hernández. Tamén se retiraron dous teixos que tamén pasaron a engrosar a masa vexetal do xardín da Compostela.

Os arbustos decorativos de menor tamaño que formaban os setos na Praza de Galicia transplantáronse no invernadoiro municipal e serán utilizados para embelecer as zonas do municipio onde sexa preciso.

Tamén os bancos da Praza de España será reutilizados na súa totalidade. Os característicos de dobre asento de pedra e respaldo de forxa, rehabilitaranse con cargo ao mesmo proxecto de reforma da Praza e volverán a colocarse neste espazo. Os bancos de madeira, foron trasladados as naves de obras onde irán reparándose para recolocar noutras zonas de esparexemento e ocio do municipio.

Pos outro lado, para non danar aos antigos plátanos da Praza de España, protexéronse as bases dos troncos con vaias de madeira.

20 de xaneiro de 2015 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.