O Concello de Vilagarcía instala novas marquesiñas en 10 paradas do transporte escolar
O Concello de Vilagarcía inicia mañá a colocación das 10 novas marquesiñas adquiridas para outras tantas paradas do autobús escolar. Deste xeito preténdense mellorar as condicións de comodidade e seguridade nas que os alumnos esperar o transporte. A actuación realízase a través da Concellería de Obras cuxo persoal encargouse días antes de construír as plataformas de formigón sobre as que se asentarán as estruturas.
Ao longo da semana colocaranse as novas marquesiñas nas paradas do transporte escolar de Guillán, Carballido (Cea), nas dúas de Faxilde, Rubiáns (á altura de Baygar), Solobeira, no IES Armando Cotarelo, Renza, Os Martices (Cea) e na Laxe.
Para instalar a estrutura nos Martices, o Concello fixo xestións coa propiedade de Larsa que cedeu temporalmente os terreos nos que colocar a marquesiña sen necesidade de ocupar a beirarrúa. En todos os casos, instalaranse marquesiñas en lugares que carecían deste elemento de protección, coa única salvidade da Laxe, onde e se substituirá a existente, que se atopa en moi mal estado, por unha nova.
30.000 euros do Plan Municipal de Investimentos 2014
A adquisición das 10 marquesiñas financiouse a través do plan de Investimentos dos presupostos Municipais de 2014 e supuxo un gasto de preto de 30.000 euros. Con esta actuación respóndese a unha demanda realizada pola comunidade educativa do municipio. Ademais de aportar comodidade aos usuarios do transporte escolar, que xa non se verán obrigados a esperar o autobús á intemperie cando chove, as marquesiñas tamén aportan seguridade. A única parada que coincide coa liñas regulares do transporte urbano é a de Renza.
As dez marquesiñas novas son do mesmo modelo. Contan con laterais e parte posterior acristalada e cubertas de inox. Ademais, están dotadas de asentos.
No marco desta mellora das marquesiñas do municipio, o Servizo de Obras tamén ten previsto facer unha posta a punto das estruturas existentes, reparando as que teñan algún elemento roto ou presenten peor imaxe.











