O Concello de Vigo traslada o pésame á familia de Antonio Quesada
O alcalde de Vigo trasladoulle hoxe o seu pesar á familia do artista Antonio Quesada, un “pintor inigualable e excepcional e un vigués inmenso”. Destaou o legado cultural que deixa a Vigo, Galicia e España, engadindo que pasará á historia “pola súa capacidade pictórica e por ser un gran vigués”.











