O Concello de Tui concedeu 6.000 euros aos Bombeiros Voluntarios de Valença

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+
Entrega da subvención

Entrega da subvención

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, acompañado por distintos membros do equipo de goberno, fixo entrega nos últimos días dunha achega de 6 mil euros aos Bombeiros Voluntarios de Valença. Deste xeito o Concello de Tui quere contribuír a sufragar os gastos de funcionamento deste corpo e amosar ao tempo o seu agradecemento pola colaboración que ao longo do ano prestan os bombeiros valencianos no municipio. A súa presenza en probas deportivas, a súa participación na Cabalgata de Reis, ou a súa asistencia en caso de emerxencia son algunhas das ocasión nas que os Bombeiros Voluntarios de Valença se achegan ao longo do ano até o municipio de Tui.

9 de xaneiro de 2015 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.