publicidade hoxe

O Concello de Oroso convoca 5 módulos do prestixioso CCNA Cisco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso, a través da Aula Mentor EducaOroso, convoca cinco módulos dos cursos CCNA Cisco, unha certificación universalmente recoñecida como un estándar da industria para o deseño e soporte en redes LAN e Wan que garante que os estudantes certificados gozan dun alto nivel de coñecementos. Uns cursos que, a diferenza da flexibilidade do resto da oferta formativa da Aula Mentor EducaOroso, teñen uns prazos máis ríxidos e que comezarán a impartirse o próximo luns 9 de febreiro. O prazo de matrícula estará aberto do luns 26 de xaneiro ao xoves 5 de febreiro na Aula Mentor EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro), no 981 688 950 ou a través do enlace dispoñible na web municipal: www.concellooroso.com.

Estes cursos CISCO son unhas iniciativas especiais dentro da Aula Mentor xa que teñen obrigan a ter a matrícula permanentemente activa durante os 5 meses que duran. Nesta convocatoria, o Concello de Oroso mantén o módulo 4 dos itinerarios Discovery e Exploration do CCNA Cisco 4 e incorpora o terceiro módulo do novo currículo CCNA Cisco 5 Routing and Switching. Deste xeito, a Aula Mentor EducaOroso será pioneira á hora de ofrecer este novo CCNA Cisco 5 que, organizado en catro cursos, está a substituír de xeito gradual os dous itinerarios que ata o de agora formaban parte do CCNA 4: o Discovery (destinado a alumnos con habilidades básicas no uso do ordenador e que queren adestrarse no mundo redes de ordenadores) e o Exploration (dirixido a alumnos con estudos de informática ou coñecementos avanzados no deseño, instalación e configuración de redes).

20 de xaneiro de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.