publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Neda programa unha nova sesión de Lesme un conto? este mércores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda invita ás familias a participar este mércores, 14 de xaneiro, nunha nova sesión do programa cultural “Lesme un conto?”. Un proxecto de animación á lectura e achegamento á Biblioteca Municipal pensado para pais, nais, nenos, nenas, avós… Dará comezo ás seis da tarde no espazo infantil do centro de lectura.

Persoal do departamento municipal de Cultura, así como nais, pais e avós contarán lerán diferentes narracións infantís para os seus fillos e fillas. Trátase de que os nenos e as nenas vexan e escoiten que os contos están nos libros e lles apeteza así leelos ou que llos lean. Tras estas “lecturas compartidas”, os máis pequenos da casa pasarán un rato lendo cos seus familiares e seleccionarán aqueles libros que desexen levar á casa. Esta actividade celébrase ao longo do curso en mércores alternos.

12 de xaneiro de 2015 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.