publicidade hoxe

O Concello de Neda conclúe as obras de asfaltado nas pistas de San Nicolás e Santa María

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, informou da conclusión dos traballos de asfaltado de kilómetro e medio de pistas e camiños nas parroquias de San Nicolás e Santa María. Traballos que, xunto con outras tarefas de limpeza de cunetas, están valoradas en 101.020,50 euros. O rexidor explicou que as actuacións centráronse na rúa Valle Inclán –no entorno da Casa das Palmeiras-, co fresado e rebacheo dun tramo duns 325 metros; en 329 metros do camiño da Roseira –parroquia de San Nicolás-, onde se pavimentou o vial con rego asfáltico; 175 metros da rúa Victorino Novo (arteria de comunicación entre a Avenida de Xuvia e Casadelos), con pavimentación por mezcla bituminosa en quente e previo fresado parcial; as mesmas obras leváronse a cabo en 195 metros do Camiño Vello (na zona da Volta do Poulo); en 105 metros no camiño do Cal (na Cruz do Pouso) procedeuse á pavimentación con zahorra natural compactada; en 55 metros do camiño en Escorial (tamén en Cruz do Pouso) executouse un rebacheo e doble tratamento superficial, así como a prolongación da cuneta cuberta; e, no mesmo lugar, pero na zona da Gandarela (xa en Maciñeira), aplicouse un rego de sellado en 50 metros.

Por último, Ignacio Cabezón explicou que o obxectivo das actuacións foi mellorar o estado de rúas, pistas e camiños, dando resposta ás necesidades detectadas e ás demandas trasladadas polos propios veciños. Por iso, en todos os casos, engadiu que as vías nas que xa se actuou contemplan un importante tráfico rodado e dan servizo a núcleos agrícolas e gandeiros, así como a núcleos de poboación. Así mesmo, o seu estado obrigaba ao Concello a un mantenemento continuo. Cos traballos proxectados buscouse dotar ás pistas e camiños dunha cobertura asfáltica e sellado que evitase o seu progresivo deterioro pola infiltración de auga.

15 de xaneiro de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.