publicidade hoxe

O Concello de Neda aproba a adquisición dunha veintena de novos colectores de lixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O goberno municipal que dirixe Ignacio Cabezón Lorenzo aprobou esta semana a adquisición dunha veintena de novos colectores de lixo, que instalará por todo o termo municipal de Neda. A medida, acordada onte mesmo en xunta de goberno local, adóptase para dar resposta ás demandas trasladadas por veciños e veciñas, especialmente en zonas nas que se rexistrou un aumento de novos residentes, facendo escasos os colectores actuais. Na compra, o Concello investirá preto de 3.000 euros e a Administración local estima que, no prazo de dúas semanas, se reciba o material para proceder á instalación. Serán dez colectores con capacidade para 360 litros e outros dez de 800 litros.

9 de xaneiro de 2015 | 11:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.