O Concello de Monforte informa á veciñanza sobre as axudas ao aluguer
O Concello de Monforte informa sobre o plan estatal de axudas ao aluguer, tramitado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e publicado do DOG do 19 de xaneiro de 2015.
As persoas que cumpran os requisitos que a continuación se especifican poderán solicitar axudas ó aluguer, de ata un 40 % do custo anual, no período comprendido entre o 20 de xaneiro e o 19 de febreiro de 2015.
Para máis información, poderán dirixirse á Oficina de Rehabilitación, sita nas Casiñas da Compañía, teléfono 982-40-13-14.