O Concello de Miño paga en 17 días os seus provedores
O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, destaca que grazas ao traballo que realizou o equipo de goberno nestes últimos anos, ao control minucioso e responsable do gasto e a medidas económicas tomadas conseguiuse recucir o período medio de pagamento aos provedores.
A estabilidade nas contas municipais reverte directamente nos provedores que facturan ao Concello de Miño e a todos os seus traballadores xa que o diñeiro chega antes ás empresas, por iso é importante resaltar a grande importancia que ten esta mellora nos pagamentos, xa que son moitas as empresas que dependen destes pagamentos, é un diñeiro que serve para dar estabilidade a estas empresas, para crear postos de traballo e benestar á familias miñenses.
É a Lei 15/2010 a que establece o procedemento para facer efectivas as débedas das Administracións Públicas e fixa un prazo máximo de 30 días para realizalas, ademais trimestralmente débese realizar un informe do que se decata ao Pleno e remítese ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e á comunidade autonoma.
O Concello de Miño segue na súa liña habitual de cumprir o mesmo, e ademas mellora o devandito prazo, disminuíndoo. Así no terceiro trimestre de 2014 se rebaixe o período medio de pagamento a 22,91 días hábiles, cumprindo con todos os seus provedores, e así faise constar polo propio Ministerio como un dos Concellos mais cumpridores tanto de Galicia coma a nivel nacional.
Finalizado o exercicio 2014, réndese pola tesouraría municipal o informe do cuarto trimestre e neste reflíctese novamente o cumprimento do imperativo legal, volvendo rebaixarse o prazo medio de pagamento en 17,48 días, o que evidencia a boa saúde das arcas municipais e da xestión económica municipal, que leva consigo non só o cumprimento de todas as súas obrigas con todos os seus provedores, senón a adiantar o pagamento de obrigas de exercicios futuros, tal como o plan de pagamentos aprobado recentemente do Piñeiro, do que xa se adiantaron 500.000 euros.