O Concello de Miño comeza unha campaña para promover ou autocompostaxe
O xoves 29 de xaneiro está prevista a realizacióna dunha charla informativa dentro da campaña para promocionar a creación de cospostaxe caseira que será impartida coa colaboración de SOGAMA a todas as persoas interesadas no autocompostaxe.
A primeira das sesións informativas celebraráse no Local Social da Rúa de Miño, o 29 de xaneiro ás 17,00 horas. Realizarase a entrega gratuita dun compostador a todos os participantes ata un máximo de 30 ( no caso de superar dito número, realizarase un sorteo entre a totalidade dos asistentes).
As seguintes charlas informativas realizaranse polas parroquias nas seguintes datas e horarios:
- Martes, 2 de febreiro: No Local Social de Carantoña, ás 15:45 h.; no Local Social de Callobre, ás 16:45 h. e nol Local social de Xario, ás 17:45 h.
- Xoves, 5 de febreiro, no Local Social de Viadeiro a las 16:00 horas e no Local Social de Bemantes, ás 18:00 horas.
- Venres, 6 de febrero, no Local Social de Leiro, ás 17:00 horas.
A compostaxe caseira permite reciclar os restos orgánicos da cociña e o xardín no mesmo lugar onde se producen cun composteiro. O resultado desta reciclaxe é un abono orgánico 100% natural.
A creación de autocompostaxe na casa é unha práctica moi extendida é sa hai tempo que dende o Concello de Miño se promociona, e despois duns anos con éxito demostrado, agora volve a iniciarse unha nova campaña para implicar a mais veciños e veciñas de Miño. Cada tonelada de restos vexetais que se transforma en abono dentro das casas axuda a aforrar moitos recursos a nivel municipal e sobre todo a nivel individual ás familias que son as que obteñen mellores vantaxes.
As vantaxes da autocompostaxe
- Non necesita enerxia para funcionar
- Non ten gastos de mantemento
- Aforro en bolsas do lixo para restos vexetais
- Aforro en sacos de terra e fertilizantes, xa que se obten un compost de calidade
- Reducese o número de bolsas para tirar ao lixo, asi reducimos considerablemente o lixo depositado no colector verde, coa conseguinte reducción da factura polo seu tratamento e xestión en Sogama.