O Concello de Lalín destina 113.000 euros a novas melloras no Paseo Pontiñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
O alcalde de Lalín na presentación do proxecto

O alcalde de Lalín na presentación do proxecto

O alcalde de Lalín, José Crespo, presentou onte o proxecto que se aprobou en Xunta de Goberno o 29 de decembro, que se fará co diñeiro correspondente a Lalín do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2015, e que abranguerá a reconstrución de pontes e muros, renovación de mobiliario, mellora do pavimento e sistemas de drenaxe, a recolocación de valados de madeira, entre outras actuacións. Este proxecto “Mellora Senda Peonil Río Pontiñas” súmase aos 89.600 euros investidos no anterior plan do Fondo de Compensación Ambientel en melloras de substitución do cableado en aluminio, colocación de luminarias LED, reposición dos muros de contención, arranxo de valados de madeira e reposición de firme. Tamén hai uns meses se destinaron 40.000 euros para a compra de madeira para a reaparación de varias pontes e valados

O alcalde de Lalín, José Crespo, presentou onte acompañado do concelleiro de Obras, Camilo González Bodaño, e do técnico redactor do proxecto, Pablo Dafonte, o proxecto de mellora do Paseo Pontiñas ao que se destinan 113.618,65 euros, a totalidade do que corresponde a Lalín a través do Fondo de Compensación Ambiental.

Os traballos inclúen a limpeza do entorno da pérgola de madeira na zona do Xardín Botánico, a poda de arboustos na dita zona, a reconstrución de sectores de muro danados e a construción doutros novos en zonas de meandros, a reparación da pasarela de madeira no treito entre a Avenida Xosé Cuíña e a rúa da Ponte, a colocación de novos valadores de madeira, a retirada de bancos en mal estado e a substicuión por outros novos, ascí como actuacións de mellora do firma do paseo, a limpeza de drenaxes e a execución doutras novas.

Esta actuación súmase aos 89.600 euros investidos noutro plan de melloras do Paseo que abrangueu a reposición do cableado en aluminio, a colocación de luminarias LED, a reposición de muros de contención, o arranxo de valados de  madeira e a reposición de firma. Tamén recentemente se destinaron 40.000 euros para a compra de madeira coa que reparar varias pontes e valados.

11 de xaneiro de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.