O Concello de Fene prevé sustituir en varias parroquias máis dun centenar de luminarias por outras de baixo consumo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

Rebaixar a factura eléctrica, ofrecer un mellor servizo público e asumir unha medida respectuosa co medio ambiente son os tres obxectivos que persigue o proxecto de mellora da eficiencia enerxética na rede de alumbrado público que o Concello de Fene vén de presentar á liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental. Un proxecto orzamentado en 39.997,54 euros e radio de acción nas parroquias de Fene, Maniños e Magalofes. En esencia, o edil de Promoción Económica, Juan José Franco, explica que a actuación centraráse en tramos de alumbrado existente, pero dunha considerable antigüidade, con luminarias suxeitas directamente en fachadas ou postes e a alturas incompatibles coa intensidade lumínica das lámpadas.

Por iso, o concelleiro engade que a proposta consistirá na sustitución das referidas luminarias por outras de alto rendemento, con tecnoloxía LED e eficacia luminosa. En concreto, propónse a sustitución de 24 luminarias na rúa Fonte do Campo (parroquia de Fene); 22 en Camiño da Torre e no Camiño de Cadavás outras 33, e 30 na rúa Unión co Camiño Ponte da Pedra (Maniños). Doutra banda, tamén se contempla a sustitución de conductores en emprazamentos onde a sección é insuficiente, orixinando problemas de acendidos intermitentes debido ás caídas de tensión.

Así, o Concello presentará estes proxectos á liña de axudas aberta pola Xunta de Galicia ao amparo do Fondo de Compensación Ambiental, co que se sufragan actuacións tendentes a impulsar a eficiencia enerxética ou o uso das enerxías renovables en municipios afectados pola instalación de aeroxeneradores ou liñas de conexión.

10 de xaneiro de 2015 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.